Volver ao contido

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

  • Obxectivo temático 02. Actuación 02.03.03.03:reforzo dos servizos públicos dixitais:Facenda Dixital

Esta actuación encádrase dentro do obxectivo temático 02, e comprende tres operacións específicas a desenvolver.

A finalidade da actuación é incrementar a eficacia e a eficiencia dos procesos da Administración de Facenda e impulsar a transparencia nas relacións coa cidadanía mediante a incorporación das Tecnoloxías da Información e o Coñecemento (TIC).

Os obxectivos principais da actuación son:

  • Garantir o dereito dos cidadáns a relacionarse por medios electrónicos coa Administración de Facenda.
  • Simplificar os trámites orientando os servizos aos cidadáns e as empresas de forma que sexan accesibles desde diferentes plataformas, fáciles de utilizar e garantindo a calidade e a seguridade, para acadar aforros de custos e redución dos prazos na tramitación dos expedientes.
  • Utilización de medios electrónicos para colectivos profesionais e empresariais que se relacionan coa Administración de Facenda.
  • Racionalización dos servizos económico financeiros, de contratación pública e tributarios que permita unha xestión homoxénea e un aforro de custes.
  • Favorecer o intercambio de información coa Administración de Facenda Estatal, as FacendasAutonómicas e Locais seguindo o Esquema Nacional de Interoperabilidade.
  • Garantir a implantación do Esquema Nacional de Seguridade e facilitar os mecanismos de identificación e autenticación no acceso aos servizos.
  • Acadar unha administración pública ecolóxica por medio do uso das TIC para acadaraforros e redución da pegada medioambiental en ámbitos como consumo de papel, o consumo enerxético,a racionalización de infraestruturas e o traballo en mobilidade.

As operacións que forman parte desta actuación da Facenda Dixital achéganse a continuación:

Operacións cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa", dentro do Obxectivo Temático 02

Título da operación

Descrición

Importe da operación

Porcentaxe da financiación

Obxectivo específico

Infraestruturas
e sistemas
transversais para
a Facenda Dixital

Fase de Inicio

Proporcionar as infraestruturas e os sistemas transversais necesarios para iniciar o funcionamento da Facenda Dixital

2.595.000 €

80%

OE.2.3.2: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital

Contratación
Pública
Electrónica

Fase de Inicio

O sistema ofrecerá unha solución global e integrada para a contratación pública electrónica de extremo a extremo para a Administración Xeral da Xunta de Galicia e para as Entidades do Sector Público Autonómico, cubrindo todas as fases e procesos, sendo factor clave para a consecución dos obxectivos marcados tanto pola Estratexia Europea 2020 como na lexislación vixente en materia de contratación

1.450.000 €

80%

OE.2.3.2: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital

Expediente
Tributario
Electrónico

Fase de Inicio

Implantación dunha funcionalidade pola que é posible acceder ós documentos relativos a unha obriga tributaria e a un contribuínte concreto, sexan documentos orixinados polo interesado o pola ATRIGA, permitindo coñecer os diferentes procedementos e actuacións, incrementando a calidade do servizo

2.020.000 €

80%

OE.2.3.2: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital

Consulta
actuacións do
contribuínte

Servizos e aplicacións da Administración Pública electrónica para resolver as necesidades de información actuais desenvolvendo un novo sistema que facilite a obtención en detalle das actuacións tributarias, contables e administrativas vinculadas ás persoas físicas ou xurídicas relacionadas coa Administración

650.000 €

80%

OE.2.3.2: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital