Volver ao contido

Funcións

A "Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio organización e xestión" (DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998) na súa disposición adicional quinta establece:

"Un. (…) O seu obxecto será o desenvolvemento de proxectos e aplicacións informáticas, a súa xestión, planificación, supervisión, asesoramento e coordinación, así como a suministración dos equipos necesarios para levar a cabo os procesos informáticos da Xunta de Galicia de natureza tributaria, contable, orzamentaria e económico-financeira, e, en xeral, os relacionados cos anteriores.

O CIXTEC adscríbese Consellería de Economía e Facenda.

Dous.-O CIXTEC actuará, en nome propio e por conta da Xunta de Galicia, no exercicio das funcións que lle confire esta lei. Desempeñará as ditas funcións gratuitamente e de xeito exclusivo no ámbito da Consellería de Economía e Facenda, no cal se entenderán incluídas as entidades oficiais colaboradoras daquela.

O CIXTEC axustará a súa actividade ó ordenamento xurídico privado salvo cando exercite potestades administrativas. Neste suposto estará sometido á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e as demais normas administrativas de xeral aplicación.(…)".

Ademais, o "DECRETO 361/1998, do 4 de decembro, polo que se aproba o estatuto do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec)" (DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998), no seu artigo 3º apartado 3, establece:

"Son funcións do Cixtec:

a)    A realización das actividades derivadas da específica natureza  da súa Xestión, coidando da explotación e do mantemento das aplicación mecanizadas e da execución dos procesos informáticos.

b)    Actuar como órgano de apoio informático ós servizos da Consellería e Facenda. Para estes efectos correspóndelle ao CIXTEC:

-      A Xestión dos procesos de natureza informática, tributaria, contable, orzamentaria, económico-financeira e, en xeral, todas aquelas outras que lle sexan encomendadas especificamente.

-      A análise, deseño, desenvolvemento e execución dos sistemas e aplicacións informáticas.

-      A asistencia, asesoramento e subministración de equipos e procesos informáticos.

-      A emisión de informes técnicos en materia informática e aqueles outros que se lle atribúan, relacionados coas actividades que lle son propias."