Aviso Legal
Este Portal ten por obxecto poñer a disposición dos usuarios de xeito totalmente de balde diferentes servicios e informacións relacionadas co CIXTEC.
Este sitio web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, son e calquera outro material, son propiedade da Xunta de Galicia a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reproducción, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por Lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.
O usuario non poderá acceder ó Portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servicios ofrecidos, nin acceder a sitios, servicios, sistemas informáticos ou a redes conectadas ó Portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. En particular queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e introducir virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.
O CIXTEC non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ó uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situados nesta páxina.
O CIXTEC resérvase o dereito a suspender temporalmente o acceso ó portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.
A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ó establecido no Regulamento de Protección de Datos de Carácter Persoal.